•  
  • ';
  •  

Arousa XXI: unha aposta
polo futuro do pasado

O Proxecto Arousa XXI é unha demostración da aposta do goberno municipal polo desenvolvemento sostible, a conservación do medio ambiente e a rehabilitación e recuperación dos cascos históricos. Cun presuposto de 2,8 millóns de euros, na súa maior parte financiados a través de Fondos Feder, Arousa XXI inclúe distintas actuacións de rehabilitación e dinamización, á súa vez relacionadas coas Áreas de Rehabilitación Integral (ARIs).

De acordo cos seus obxectivos xerais –desenvolvemento sostible, medioambiente e rehabilitación-, Arousa XXI abrangue proxectos que van dende a humanización de rúas, é o caso dos cascos históricos de Carril e Vilaxoán, á preservación e rehabilitación do patrimonio material –os parques da Compostela ou de Ravella, por exemplo- pero tamén inmaterial –a tradición musical das vilas mariñeiras- ou a creación dunha marca de calidade –“sabor a mar”- para a dinamización do comercio e a hostalería locais. E porque todo isto debe traducirse nunha mellor calidade de vida, Arousa XXI inclúe así mesmo un plan de mobilidade e outro de conciliación da vida familiar e laboral.

Descarga aquí o tríptico de presentación de Arousa XXI

Folleto de Presentación de Arousa XXI